arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
As cookies propias e de terceiros permítennos mellorar os nosos servizos. Ao navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información

servizo de atención ao cliente

O Grupo Económico da Caja de Arquitectos S. Coop. de Crédito dispón dun servizo de atención ao cliente para a atención e resolución das queixas ou reclamacións presentadas polos clientes e usuarios de servizos financeiros da caixa e os das restantes entidades integradas no Grupo, en relación cos seus intereses e dereitos legalmente recoñecidos, e os seus enderezos postal e electrónico son os seguintes:

SERVIZO DE ATENCIÓN AO CLIENTE DE CAJA DE ARQUITECTOS S. COOP. DE CRÉDITO E O SEU GRUPO ECONÓMICO
C/ Arcs nº 1, 08002 Barcelona
Correo electrónico: atencionalcliente@arquia.es. A utilización deste medio débese axustar ao disposto na Lei 59/2003, de 19 de decembro, de sinatura electrónica.
Formulario de contacto que se encontra á súa disposición na páxina web seleccionando como tipo de contacto “Servizo de Atención ao Cliente”.


Defensor do Cliente en determinadas Sociedades Cooperativas de Crédito

Ademais, Caja de Arquitectos S. Coop. de Crédito está adherida ao DEFENSOR DO CLIENTE EN DETERMINADAS SOCIEDADES COOPERATIVAS DE CRÉDITO, organismo independente, a cuxo coñecemento poderán someter os clientes e usuarios dos servizos financeiros da Caja de Arquitectos S. Coop. de Crédito reclamacións da súa competencia, nos seguintes enderezos postais e electrónicos:

DEFENSOR DO CLIENTE EN DETERMINADAS SOCIEDADES COOPERATIVAS DE CRÉDITO
Argali Abogados
Paseo de la Castellana, 21, 28046 Madrid
Correo electrónico: defensor.cliente@argaliabogados.es

As competencias de cada un dos servizos aos que se fixo referencia constan determinadas nos respectivos regulamentos que se encontran a disposición do cliente no taboleiro de anuncios desta páxina web.

Unha vez interposta a reclamación ante o Servizo de Atención ao Cliente ou ante o Defensor do Cliente, se a resposta non fose satisfactoria ou se transcorrese un prazo de dous meses desde a presentación da reclamación sen recibir resposta, o cliente ou usuario de servizos financeiros da caixa poderase dirixir ao servizo de reclamacións que corresponder, en función da materia de que se trate:

Antes de recorrer a estes servizos, a normativa de transparencia e protección do cliente de servizos bancarios esixe que o cliente ou usuario xustifique que acudiu previamente ao Servizo de Atención ao Cliente ou, se é o caso, ao Defensor do Cliente.


Normativa aplicable

A normativa que regula a transparencia das operacións e a protección dos clientes é a seguinte:

Servizo de atención e defensa do cliente:

  • Lei 44/2002, do 22 de novembro, de medidas de reforma do sistema financeiro, modificada pola Lei 2/2011, do 4 de marzo, de economía sostible.
  • Orde ECO/734/2004 de 11 de marzo, sobre departamentos e servizos de atención ao cliente e o defensor do cliente das entidades financeiras.
  • Orde ECC/2502/2012, do 16 de novembro, pola que se regula o procedemento de presentación de reclamacións ante os servizos de reclamacións do Banco de España, a Comisión Nacional do Mercado de Valores e a Dirección Xeral de Seguros e Pensións.

 

Transparencia das operacións e protección da clientela, e outra normativa de protección ao consumidor:

  • Orde EHA/2899/2011, de 28 de outubro do Ministerio de Economía e Facenda, de transparencia e protección do cliente de servizos bancarios.
  • Circular 5/2012, de 27 de xuño, do Banco de España, a entidades de crédito e provedores de servizos de pagamento, sobre transparencia dos servizos bancarios e responsabilidade na concesión de préstamos.


Protección dos consumidores e condicións de contratación:

  • Lei 22/2007, do 11 de xullo, sobre comercialización a distancia de servizos financeiros destinados aos consumidores.
  • Real decreto lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios e outras leis complementarias.
  • Lei 7/1998, do 13 de abril, sobre condicións xerais da contratación.
  • Lei 22/2010 de 20 de xullo do Parlamento de Cataluña, do Código de Consumo de Cataluña.
  • Orde EHA 1718/2010, de 11 de xuño, de regulación e control da publicidade dos servizos e produtos bancarios.


Préstamos hipotecarios:

  • Lei 2/1994, do 30 de marzo, sobre subrogación e modificación de préstamos hipotecarios.
  • Real decreto lei 2/2003, do 25 de abril, de medidas de reforma económica.
  • Lei 36/2003, do 11 de novembro, de medidas de reforma económica.
  • Real decreto lei 6/2012, do 9 de marzo, de medidas urxentes de protección de debedores hipotecarios sen recursos.
  • Lei 1/2013, de 14 de maio, de medidas para reforzar a protección aos debedores hipotecarios, reestruturación de débeda e alugamento social.


Crédito ao consumo:

  • Lei 16/2011, de 24 de xuño, de contratos de crédito ao consumo.


Servizos de pagamento:

  • Lei 16/2009 de 13 de novembro, de servizos de pagamento, desenvolvida pola Orde EHA/1608/2010 de 14 de xuño do Ministerio de Economía e Facenda.
  • Orde EHA/1608/2010, do 14 de xuño, sobre transparencia das condicións e requisitos de información aplicables aos servizos de pagamento.
  • Regulamento (UE) 260/2012, do Parlamento Europeo e do Consello, do 14 de marzo, polo que se establecen requisitos técnicos e empresariais para as transferencias e os cargos domiciliados en euros, e se modifica o Regulamento (CE) 924/2009.
  • Lei 2/2011, do 4 de marzo, de economía sostible.


Servizos de investimento:

  • Lei 24/1988, do 28 de xullo, do Mercado de Valores.
  • Real Decreto 217/2008, de 15 de febreiro do Ministerio de Economía e Facenda, sobre o réxime xurídico das empresas de servizos de investimento e das demais entidades que prestan servizos de investimento e polo que se modifica parcialmente o Regulamento da Lei 35/2003, de 4 de novembro, de institucións de investimento colectivo, aprobado polo Real decreto 1309/2005, de 4 de novembro, desenvolvido pola Orde EHA/1665/2010, de 11 de xuño, do Ministerio de Economía e Facenda en materia de tarifas e contratos-tipo.
  • Circular 7/2011, do 12 de decembro, da Comisión Nacional do Mercado de Valores, sobre folleto informativo de tarifas e contido dos contratos tipo.