arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
As cookies propias e de terceiros permítennos mellorar os nosos servizos. Ao navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información

Estas son as dúbidas ou consultas máis habituais.

Tes algunha pregunta?

Queremos ofrecerche a mellor atención e resolver todas as túas dúbidas, por iso recompilamos as preguntas máis frecuentes que formulan os nosos clientes. 

  • Tarxetas
  • Banca en liña
  • Operativa
  • Información xeral

Tarxetas

  • Perdín ou roubáronme a miña tarxeta. Como a bloqueo?
  • En caso de extravío ou roubo, denuncia inmediatamente a desaparición da tarxeta.

    Se te encontras en España chama ao teléfono 91 258 66 08 (24 horas).

    Se te encontras no estranxeiro, podes contactar co teléfono +34 91 258 66 08 (24 horas).

  • Esquecín o PIN da miña tarxeta.
  • Se non lembras ou extraviaches o teu número PIN, poderalo recuperar a través da banca en liña na opción:

    Tarxetas > Operacións > Lembrar PIN 

    En caso de non teres acceso á banca en liña deberaste pór en contacto telefónico coa túa oficina ou solicitalo persoalmente nesta.

  • Como activo a miña tarxeta?
  • Podes activar a túa tarxeta a través da banca en liña, na aplicación móbil ou en calquera caixeiro realizando unha operación que requira teclear o PIN.

    Se esta tarxeta substitúe unha anterior, lembrámosche que unha vez activada a nova, aquela deixará de ser operativa de forma automática e deberás destruíla.

  • Cales son os caixeiros adheridos a Arquia?
  • Arquia pon a disposición dos seus clientes unha rede de caixeiros en que poderán retirar cantidades a partir de 80 € sen custo. Para importes inferiores ou para disposicións noutros caixeiros, Arquia repercutirá aos seus clientes o custo que a entidade propietaria do caixeiro lle traslade para cada operación.

    Consulta aquí onde sacar diñeiro sen custo coa tarxeta de débito Arquia >

  • É seguro pagar con tarxeta?
  • As tarxetas con chip fan que os datos persoais só sexan accesibles aos seus titulares. Isto garántese a través da introdución nun teclado do código PIN cada vez que realice unha compra.

    O PIN, que é persoal e intransferible e só debe estar en poder do titular, identifica de forma inequívoca o titular da tarxeta. Esta tarxeta asegura a portabilidade, seguridade e confiabilidade nos datos.

  • Podo realizar compras por Internet coa máxima seguridade?
  • Arquia Banca está adherida ao sistema de comercio electrónico seguro de VISA “Verified by VISA”. Con este servizo beneficiarase do comercio electrónico seguro nos comercios de Internet que estean identificados co distintivo de “Verified by VISA”.

    No momento de realizar o pagamento da súa compra por Internet deberá introducir a clave para finalizar a operativa. A continuación, o sistema autenticará que é vostede e non outra persoa quen desexa realizar a operación.

  • Como podo bloquear a miña tarxeta
  • Podes bloquear/desbloquear as tarxetas mediante a banca en liña: Tarxetas > Operacións > Bloqueo e seleccionar o tipo de bloqueo/desbloqueo que desexas realizar: bloqueo total, bloqueo para operacións non presenciais, bloqueo por perda e bloqueo por roubo.

  • Gustaríame aumentar o límite da miña tarxeta de crédito.
  • Se desexas solicitar un incremento do límite de crédito da túa tarxeta deberás contactar coa túa oficina por correo electrónico, telefonicamente ou de forma presencial.

  • Como podo modificar o PIN da tarxeta de crédito?
  • Poderás modificar o PIN da túa tarxeta a través de calquera caixeiro de Arquia Banca ou Bankinter (ata novo acordo).

    Para solicitar un novo deberás contactar coa túa oficina.

  • Como podo adiar o pagamento da miña tarxeta de crédito?
  • Podes modificar a forma de pagamento da túa tarxeta de crédito desde a banca en liña en Tarxetas > Operacións > Formas de pagamento.

  • Quero anular un cargo incorrecto na tarxeta de crédito.
  • Se ves reflectido un cargo na tarxeta que non recoñeces, deberás encher o seguinte cuestionario e remitilo á túa oficina para que curse a correspondente reclamación a Visa.

    Formulario reclamación operacións con tarxetas>

Banca en liña

  • Como acceder á banca en liña
  • COMO ACCEDER Á BANCA EN LIÑA

    Se xa accediches a primeira vez á nova banca en liña e creaches o teu novo contrasinal, para os accesos posteriores deberás utilizar o NIF e o CONTRASINAL escollido:

     

    Lembra que o contrasinal ten de 8 a 20 caracteres alfanuméricos.

     

  • Clave de sinatura de operacións
    1. Xeración automática da nova clave de sinatura no primeiro acceso
    2. Como modificar a clave de sinatura
    3. Como solicitar unha nova clave de sinatura coa axuda do móbil e do correo electrónico

     

    1. XERACIÓN AUTOMÁTICA DA NOVA CLAVE DE SINATURA

    Ao acceder á nova banca en liña por primeira vez poderás xerar automaticamente a nova clave de sinatura (6 números) co seguinte proceso guiado:

     

    1. Solicitude de clave de sinatura

    Para iniciar o proceso, preme o botón Continuar na seguinte pantalla* que che aparecerá ao accederes á nova banca en liña.

    * Se non che aparece esta pantalla, realiza o proceso do punto 3 "Como solicitar unha nova clave de sinatura coa axuda do móbil e do correo electrónico"

     

    2. Envío da clave por SMS

    A nova clave de sinatura será enviada por SMS ao teléfono móbil que teñas rexistrado. Se o recibiches, preme o botón Continuar.

     

    3. Recepción da clave por SMS

    En caso de non recibires a SMS ponte en contacto coa túa oficina.

     

    4. Confirmación do proceso

    Se todo foi correcto verás a seguinte pantalla e poderás entrar na Posición global. Recomendamos modificala inmediatamente por unha clave que lembres en Servizos > Cambio de claves > Cambio de clave de sinatura

     

     


     

    2. COMO MODIFICAR A CLAVE DE SINATURA

    1. Escoller a nova clave de sinatura

    Entra en "Servizos > Cambio de claves > Cambio de clave de sinatura" e introducea nova clave de sinatura de 6 números con axuda do teclado virtual.

     

     

    2. Asinar coa clave anterior

    Introduce as dúas posicións que solicita da clave de sinatura anterior (en caso de ser a primeira vez que se cambia, será a nova clave de 6 números recibida de forma automática no móbil nunha SMS cando se fixo o proceso ao acceder por primeira vez) 

     

     

    3. Introducir o código recibido por SMS

    Para confirmar o cambio introduce o código de 8 números recibido por SMS.

     

     

    4. Confirmación

    Se todo foi correcto aparecerá a seguinte páxina de confirmación.

     

     


     

    3. COMO SOLICITAR UNHA NOVA CLAVE COA AXUDA DO MÓBIL E DO CORREO ELECTRÓNICO

    1. Solicitude clave de sinatura

    Entra en "Servizos > Cambio de claves > Solicitude clave de sinatura".

     

     

    2. Introduce o código enviado por SMS

     

    3. Introduce o teu enderezo electrónico

     

     

    4. Nova clave de sinatura

    Introduce as dúas posicións solicitadas da nova clave de sinatura que recibirás nunha SMS no móbil

     

    5. Verifica a túa identidade antes de continuar

    Antes de continuar premendo Aceptar, verifica a túa identidade premendo o botón "Clave de sinatura" no correo electrónico que recibirás na túa caixa de correo electrónico. Unha vez validado, volve a esta pantalla e preme Aceptar.

     

    6. Valida o enderezo electrónico

    Abre a túa caixa de correo electrónico e preme o botón "Clave de sinatura".

     

    7. Identidade verificada

    Unha vez verificada a túa identidade desde o correo, continúa o proceso onde o deixaches (paso 5)

     

    8. Proceso finalizado

    Na pantalla mostrarase o estado "PROCESADO" e a nova clave estará operativa.

     

  • Esquecín o meu contrasinal
  • Se non lembras o teu contrasinal sigue as seguintes instrucións para crear unha nova:

     

    1. Accede ao proceso de recuperar contrasinal premendo "aquí" na opción que existe debaixo do botón Entrar en "Se esqueceu o seu contrasinal prema aquí".

     

    2. Escribe o teu NIF no campo "Usuario" e o teléfono móbil ou o enderezo electrónico que teñas rexistrado en Arquia Banca.

     

    3. Introduce as dúas posicións solicitadas da túa clave de sinatura.

     

    4. Aparecerá a pantalla de "A túa solicitude foi procesada correctamente" e recibirás o novo contrasinal por SMS no móbil ou nun correo electrónico segundo a opción que escolliches.

     

    5. Cando entres na banca en liña co novo contrasinal recibido deberás cambialo por un novo.

  • Teño bloqueado o meu usuario
  • Se tes o usuario bloqueado porque puxeches tres veces incorrectamente o contrasinal, sigue os seguintes pasos para desbloquealo:

     

    1. Accede ao proceso de desbloqueo premendo "aquí" na opción que existe debaixo do botón Entrar en "Se esqueceu o seu contrasinal prema aquí"

     

    2. Na pantalla "Esqueciches o teu contrasinal?" preme a palabra "aquíque aparece na última liña do parágrafo e que te levará ao proceso para desbloquear o usuario.

     

    3. Escribe o teu NIF no campo "Usuario" e o teléfono móbil que tes rexistrado en Arquia.

     

    4. Introduce as dúas posicións solicitadas da túa clave de sinatura.

     

    5. Introduce o código enviado por SMS ao teu teléfono móbil.

     

    6. Aparecerá a pantalla de "A túa solicitude foi procesada correctamente" e deberás recibir un novo contrasinal por SMS no móbil.

     

    7. Cando entres na banca en liña co novo contrasinal recibido deberás cambialo por un novo.

  • Sospeito que fun vítima dunha fraude.
  • Se sospeitas que puideches ser vítima dunha fraude, deberás contactar coa túa oficina inmediatamente por teléfono, correo electrónico, fax ou presencialmente.

  • App móbil
  • Accede e opera na banca en liña desde a aplicación móbil de Arquia Banca.

    Descárgaa agora e accede ás súas vantaxes.

    Apple

    Android

     

  • Necesito máis axuda
  • Se necesitas máis axuda ou tes algunha incidencia relacionada coa banca en liña podes contactar connosco chamándonos ao teléfono 91 258 66 08 ou enviándonos un correo electrónico a bancaonline@arquia.es

Operativa

  • Como podo devolver un recibo?
  • Podes devolver recibos desde o menú da banca en liña: Contas / Recibos / Devolución de recibos domiciliados. Tamén o podes facer desde a app móbil.

  • Non podo realizar transferencias pola banca en liña.
  • Se tes algunha incidencia na banca en liña, deberás contactar co noso centro de atención ao cliente chamando ao 91 258 66 08 ou escribindo un correo ao enderezo electrónico bancaonline@arquia.es.

  • Como podo obter o xustificante dunha transferencia?
  • Se desexas recibir o comprobante dunha transferencia ou traspaso efectuado a través da banca en liña, deberás solicitalo no último paso unha vez realizada a transferencia incluíndo os enderezos electrónicos aos que queiras que cheguen os xustificantes.

  • Como podo solicitar un talonario de cheques das miñas contas?
  • Se desexas solicitar un talonario de cheques das túas contas, podes facelo solicitándoo á túa oficina habitual ou accedendo ao menú da banca en liña: Contas / Talonarios. Deberás seleccionar a conta da que desexas o talonario e a forma de entrega (oficina ou domicilio).

Información xeral

  • Como me podo facer cliente?
  • Se te queres facer cliente de Arquia Banca pódeste dirixir a calquera das nosas oficinas, contactar connosco por teléfono, correo electrónico ou a través do formulario de contacto da nosa páxina web.

  • Que horario de atención teñen as vosas oficinas?
  • O horario das nosas oficinas é de outubro a maio, de luns a xoves das 8.15 h ás 16.30 h e venres das 8.15 h ás 14.30 h. De xuño a setembro é de luns a venres das 8.15 h ás 14.30 h.

  • Como podo resolver unha incidencia ou formular unha reclamación?
  • Podes contactar connosco a través dos formularios da web, chamando ao teléfono das nosas oficinas ou presencialmente. Se queres efectuar unha queixa ou reclamación podes facelo no Servizo de Atención ao Cliente.

    Servizo de Atención ao Cliente>

  • Cal é o código SWIFT / BIC de Arquia Banca?
  • O código SWIFT ou BIC é unha serie alfanumérica de 8 ou 11 díxitos que serve para identificar o banco receptor cando se realiza unha transferencia internacional. O código SWIFT/BIC de Arquia Banca é CASDESBBXXX.

  • Como podo consultar o IBAN da miña conta?
  • Podes coñecer o IBAN dun produto solicitándoo na túa oficina habitual ou accedendo ao detalle do produto dentro da banca en liña.

  • Como podo obter un certificado de titularidade da miña conta?
  • Para obter un certificado de titularidade deberás solicitalo á túa oficina por correo electrónico, teléfono, ou presencialmente.

  • Onde podo consultar a miña información fiscal?
  • Podes consultar a túa información fiscal a través da banca en liña: Caixa do correo > Correspondencia > Consulta > Información fiscal.

Se non atopas o que estás buscando, contacta connosco a través do formulario e darémosche unha resposta o máis axiña posible.

Formulario de contacto >