arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
As cookies propias e de terceiros permítennos mellorar os nosos servizos. Ao navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información

Aviso legal


Condicións xerais

  • Condicións xerais
  • O acceso ao portal de Internet do Grupo Arquia e ao seu contido implica a aceptación das condicións que se prevén neste "Aviso legal”. Por esa razón, recomendámoslle que o lea con atención se desexa ou necesita acceder e/ou usar a información e os servizos que se ofrecen neste sitio web.

    As condicións que figuran neste Aviso legal son as vixentes na data da súa última actualización, e poderán ser modificadas polo Grupo Arquia en calquera momento e sen aviso previo, en cuxo caso entrarán en vixencia as novas desde esa data e serán de aplicación a todos os usuarios.

    Os usuarios comprométense a utilizar este sitio web respectando as condicións que nel se expoñen. O Grupo Arquia resérvase o dereito para emprender as accións legais que estime oportunas para esixir as responsabilidades de calquera tipo que se deriven do seu incumprimento.

    Este sitio web ten por obxecto informar sobre produtos e servizos que ofrece o Grupo Arquia, comunicarse coa entidade e coñecela mellor, así como permitir aos seus clientes o acceso aos servizos ofrecidos na súa Banca en liña, e facultar os usuarios e clientes da Fundación Arquia para o acceso aos seus programas. Tamén pretende informar sobre feitos, actividades e iniciativas das entidades do Grupo, e ofrecer consellos sobre seguridade que ao usuario lle poden resultar de interese.

  • Propiedade intelectual e industrial
  • O Grupo Arquia é titular do dominio do portal e do seu contido, o que inclúe as súas páxinas, información e elementos que consten neles: logotipos, marcas, nomes comerciais, gráficos, textos, documentos, bases de datos, programas informáticos e outros compoñentes protexidos por dereitos de propiedade intelectual e industrial dos que o Grupo Arquia sexan titulares ou lexítimas licenciatarias.

    Será necesaria a autorización expresa, previa e por escrito do Grupo Arquia para reproducir, distribuír, explotar, ceder, comunicar publicamente ou facer calquera outro uso de calquera elemento ou información que conste no portal mediante calquera tipo de soporte ou medio.

    O Grupo Arquia, e sempre baixo autorización expresa, permite incorporar noutros sitios web ligazóns a algunhas das súas páxinas. Para iso, a devandita páxina ao abrirse deberá aparecer nunha xanela independente do navegador e non formar parte de marcos en que figuren outros contidos.

  • Grupo Arquia
  • A continuación relaciónanse as sociedades do Grupo Arquia ás que se realiza a cesión de datos persoais, así como a actividade que cada unha delas desenvolve:

    • Arquia Banca (Caja de Arquitectos S Coop de Crédito NIF F08809808) Oferta e prestación de produtos, servizos financeiros e sociais.
    • Arquia Xestión (Arquigest SA SGIIC NIF A58073388) Administración e representación de institucións de investimento colectivo.
    • Arquia Pensións (Arquipensiones SA EGFP NIF A58843301) Xestión de fondos de pensións.
    • Arquia Seguros (Arquiseguros Correduría de Seguros de la Caja de Arquitectos SA NIF A59697573) Mediación de seguros.
    • Fundación Arquia NIF G59417279 Promoción e difusión de actividades culturais e sociais.
    • Arquia Gestión de Activos SA (NIF A65910614) Xestión de activos inmobiliarios.
    • Profim, Asesores Patrimoniales, Empresa de Asesoramiento Financiero, SL (NIF B81421273). 

Política de privacidade

  • Política de privacidade e protección de datos
  • Conforme ao que se dispón na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD), os datos persoais que se recollen a través dos distintos formularios das páxinas deste portal, o Grupo Arquia incorpóraos en ficheiros da súa titularidade e inscritos na Axencia Española de Protección de Datos. Así mesmo, eses datos trátanse unicamente para prestar o servizo solicitado e son necesarios para o seu cumprimento e xestión, e non para outra finalidade distinta; e só os cedería a terceiros se fose estritamente necesario; para o que o usuario autoriza o tratamento e posible cesión de tales datos.

    O usuario, ou propietario dos datos de carácter persoal, poderá exercitar os dereitos recoñecidos na LOPD, en particular os de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante un escrito coa referencia “Protección de datos de carácter persoal” dirixido ao domicilio social de cada empresa do Grupo Arquia, ou ben a través do enderezo electrónico lopd@arquia.es.

    O Grupo Arquia asegura un ético, correcto e estrito cumprimento de uso e de tratamento dos datos de carácter persoal, gardando, ademais, o debido segredo e confidencialidade. Co fin de dispor da máxima integridade dos datos dos nosos clientes e usuarios, solicitámoslles, a estes, que nos comuniquen o máis axiña posible as modificacións e correccións sobre estes. Polo mesmo motivo, cando o usuario deba ou necesite encher formularios, deberá enchelos con datos verdadeiros, exactos, completos e actualizados.

Política de Internet

  • Condicións de uso para o usuario
  • O usuario deste portal, das súas páxinas e contido, adquire o compromiso de facer un uso lícito e correcto deles.

    Prohíbese estritamente realizar calquera tipo de actividade ilícita ou ilexítima, ou que intente suplantar a identidade de calquera persoa física ou xurídica, ou interferir ou alterar os sistemas de información.

    O Grupo Arquia resérvase o dereito a tomar as medidas e accións que estime convenientes, e a excluír do servizo, sen aviso previo, o usuario que incorra nalgunha actividade ou conduta das citadas.

  • Validez da información
  • O Grupo Arquia non asume ningún tipo de responsabilidade pola información, contidos, produtos ou servizos que do Grupo Arquia se faga noutros sitios ou páxinas web distintas das propias do Grupo.

    O Grupo Arquia resérvase o dereito de impedir ou restrinxir o acceso de forma temporal ou permanente tanto ao portal como ao seu contido cando o estime conveniente. Igualmente, resérvase o dereito de introducir modificacións e omitir en todo ou en parte a información e contido deste sitio web.

    A información contida no portal web do Grupo Arquia é a vixente na data da súa última actualización. Os seus contidos, en especial os que concirnen a aspectos publicitarios e informativos, son orientadores e non constitúen oferta vinculante, non sendo que expresamente se indique o contrario. Calquera ampliación da información que encontre neste sitio web seralle facilitada en calquera das oficinas de Arquia Banca. A relación destas e os seus enderezos tamén as poderá atopar neste portal. En caso de disimilitude entre a información e os contidos que figuren no sitio web e os que se ofrecen na rede de oficinas, prevalecerán estas últimas.

  • Responsabilidades
  • O Grupo Arquia non asume ningún tipo de responsabilidade provocada polos erros que puidesen producirse polo feito de usar incorrectamente o navegador, por un mal funcionamento deste, ou por utilizar versións deste non actualizadas.

    Tampouco asume ningunha responsabilidade sobre prexuízos, reclamacións, danos, contratempos, perdas, gastos, quebrantos…, ocasionados por circunstancias, feitos ou calquera outra causa allea ao control do Grupo Arquia (como avarías telefónicas, corte na subministración eléctrica, virus, sobrecargas ou erros en liñas ou redes de telecomunicación, etc.).

    O Grupo Arquia non se fai responsable da información que figure noutros sitios web sobre o noso Grupo ou que conteñan ligazóns a este portal non sendo que exista autorización expresa.

    O Grupo Arquia non se responsabiliza da información e condicións sobre produtos e servizos, nin contido de calquera tipo sobre terceiros que se publicitan neste portal.

    O Grupo Arquia non se fai responsable da información, ligazóns ou hiperligazóns e outros contidos que poidan ser introducidos por terceiros nos espazos habilitados para ese fin no portal web do Grupo Arquia e, en especial, da licitude da información introducida polos usuarios da Banca en liña (Arquia Red) e dos diversos programas da Fundación Arquia (como Próxima, Bolsas, etc.), así como da falta de veracidade que os ditos usuarios proporcionen sobre si mesmos a outros usuarios.

    Así mesmo, o Grupo Arquia non se fai responsable dos danos e perdas que poidan orixinarse como consecuencia da introdución por parte dos usuarios de virus ou calquera outro elemento lesivo, por razón do uso, dos servizos ofrecidos no portal e, en particular, os derivados da Banca en liña (Arquia Red) e dos diversos programas da Fundación Arquia (como Próxima, Bolsas, etc.).

  • Denominación social
  • Caja de Arquitectos. S. Coop. de Crédito
    NIF F08809808
    Rex. Banco de España nº 3183.
    Rexistro Mercantil de Madrid Volume 36871, Libro 0, Folio 102, Sección 8, Páxina M 659820.

  • Domicilio social
  • Barquillo, 6. 28004 Madrid (España) 

    Portal de Internet “www.arquia.es”:

    O dominio “arquia.es” é propiedade de Caja de Arquitectos. S. Coop. de Crédito e encóntrase rexistrado no Rexistro Mercantil de Barcelona.

  • Marca Arquia
  • Arquia e Arquia Banca son marcas rexistradas cuxa titularidade recae en Caja de Arquitectos. S. Coop. de Crédito (expedientes M 2439485 e M-3520243, respectivamente e ambos os dous con Clasificación de Niza 36 seguros, negocios financeiros; negocios monetarios; negocios inmobiliarios)