arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
As cookies propias e de terceiros permítennos mellorar os nosos servizos. Ao navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información

PSD2

Open Banking. Documentación técnica. HUB SandBox Redsys.

 

Open Banking

Arquia Banca colabora coas entidades de pagamento que estean interesadas en prestar servizos de “open banking” a través da nosa entidade:

  • Servizos de “iniciación de pagamentos” (permite iniciar unha orde de pagamento, a petición do usuario do servizo de pagamento, respecto dunha conta aberta con outro provedor de servizos de pagamento).
  • Servizos de “información sobre contas” abertas en diferentes entidades (servizo en liña cuxa finalidade consiste en facilitar información agregada sobre unha ou varias contas de pagamento das que é titular o usuario de servizos de pagamento, noutro provedor do servizo de pagamento ou en varios provedores de servizos de pagamento). Tamén se coñecen como “servizos de agregamento bancario”, “servizos de agregamento financeiro” ou “servizos de agregamento de contas”.

De xeito sintético, o “open banking” permite, principalmente: o pagamento sen tarxeta en comercios electrónicos; e o uso de “apps” e de “web services” para ver de forma agregada determinada información financeira.

 

Marco normativo

Os devanditos servizos están regulados: pola Directiva (UE) 2015/2366 do Parlamento Europeo e do Consello [Directiva PSD2], polo Regulamento delegado (UE) 2018/389 da Comisión, e polo Real decreto-lei 19/2018, do 23 de novembro, de servizos de pagamento e por outras medidas urxentes en materia financeira.

 

Información técnica

A modalidade elixida por Arquia Banca para a implantación dos desenvolvementos normativos indicados foi a integración co servizo HUB PSD2 proporcionado por Redsys, servizo que segue a versión 1.3 do estándar “NextGen PSD2 XS2A Framework” do Berlin Group e que cobre toda a funcionalidade obrigatoria requirida na directiva de PSD2. As especificacións técnicas vinculadas ás interfaces de referencia incorporan os requisitos do Regulamento técnico de seguridade e as "guidelines" da EBA para obter a exención do mecanismo “fall back”.

Arquia Banca dispón dun espazo no contorno Sandbox PSD2 de Redsys en que ofrece aos TPP a documentación técnica, interfaces e contacto de asistencia para que estes poidan realizar probas de interoperatividade de servizos de iniciación de pagamentos e de información sobre contas coa nosa entidade.

A devandita información e as ligazóns son as que figuran a continuación:

Ligazón principal:

https://market.apis-i.redsys.es/psd2/xs2a/nodos/cajaarquitectos

Información:

  • Documentación personalizada da entidade
  • Ficheiro .yaml do Hub
  • Servizos e características soportadas pola entidade
  • Perfís de PSU de probas
  • Perfís de contas de proba
  • Documento set recomendado de probas xenérico para TPP (só con usuario rexistrado)
  • Caixa do correo de soporte para TPP en Sandbox:

Enderezo electrónico: sd2.sandbox.soporte@redsys.es