arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
As cookies propias e de terceiros permítennos mellorar os nosos servizos. Ao navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información

Orixes

A Caja de Arquitectos, S. Coop. de Crédito (Arquia Banca), é unha entidade financeira creada o 2 de marzo de 1983 co obxecto de atender as necesidades específicas de aforro e de crédito dos profesionais.

Desde a súa creación, Arquia Banca realiza e fomenta o crédito cooperativo, servindo ás necesidades financeiras das cooperativas asociadas e dos seus socios, así como o financiamento de operacións encamiñadas á mellora social dos seus compoñentes. Especializada nun inicio na problemática financeira dos arquitectos, esta caixa ofrécelles aos profesionais as mellores condicións económicas de retribución e custo do diñeiro, en libre competencia con bancos e caixas de aforro.

Desde a súa creación
Arquia Banca realiza
e fomenta o crédito
cooperativo.

Funcionamento

Dotada de personalidade xurídica propia e independente, os seus estatutos e funcionamento baséanse na lexislación sobre cooperativas de crédito do Ministerio de Traballo e Seguridade Social, así como na normativa de carácter técnico e financeiro do Ministerio de Economía e Facenda e do Banco de España.

Desde un punto de vista de control, o bo funcionamento de Arquia Banca regúlase por diversos medios: a normativa bancaria das cooperativas de crédito e a supervisión do seu cumprimento polo Banco de España; a realización anual dunha auditoría externa; e o control directo da xestión polos socios, a través dos órganos pertinentes (Asemblea Xeral e Consello Reitor).

Arquia Banca (Caja de Arquitectos S. Coop. de Crédito) pertence ao Fondo de Garantía de Depósitos, polo que os seus clientes dispoñen da cobertura deste fondo.

É entidade colaboradora do Ministerio de Facenda e da Tesouraría da Seguridade Social para a recadación de impostos e cotas e tamén para o pagamento de prestacións.