arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
As cookies propias e de terceiros permítennos mellorar os nosos servizos. Ao navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información

Orixes

Arquia Banca (ARQUIA BANK, S.A.), é unha entidade financeira creada o día 2 de marzo de 1983 co obxecto de atender as necesidades específicas de aforro e de crédito dos profesionais.

Desde a súa creación, leva a cabo un modelo único de banca de proximidade afastada da estandarización do sector, feito que a sitúa entre as entidades mellor valoradas en satisfacción dos seus clientes polo seu trato personalizado e directo. Unha banca especializada en produtos e servizos orientados inicialmente a arquitectos que se foi ampliando cos anos a outros colectivos profesionais, autónomos e empresas.

Arquia Banca réxese polos principios de transparencia e compromiso na xestión da súa actividade, a través das súas 39 oficinas e un equipo formado por máis de 250 profesionais.

Caracterízase por ser unha entidade vangardista e con personalidade propia, o que se reflicte no deseño único das súas oficinas e no seu carácter innovador, ao desenvolver produtos e servizos que se adaptan a un medio cada vez máis dixital e axustado ás necesidades dos seus clientes.

Desde a súa creación
Arquia Banca realiza
e fomenta o crédito
cooperativo.