arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
As cookies propias e de terceiros permítennos mellorar os nosos servizos. Ao navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información

Financiamento

Financiamos os teus proxectos persoais e profesionais.

Adaptámonos ás túas necesidades

Se buscas financiamento para levar a cabo un proxecto profesional ou persoal, en Arquia Banca encontrarás condicións moi especiais.

Explícanos o que necesitas e nós poremos todas as facilidades para que os teus soños se fagan realidade.

Liña persoal

Ofrecémosche os préstamos persoais e hipotecarios que máis se axustan ás túas necesidades. En Arquia orientarémoste coas mellores solucións para:

  • A compra da túa vivenda.
  • Cubrir algún imprevisto co que non contaras.
  • Comprar un coche novo.
  • Facer reformas.
  • Pagar os impostos ou anticipar a súa devolución.
  • Financiar os teus estudos universitarios ou o teu mestrado.

Aquí encontrarás toda a información >

Liña profesional

Sabemos o importante que é para ti o desenvolvemento da túa profesión. Tanto se queres emprender un novo negocio, adquirir equipamento, realizar un proxecto de rehabilitación ou financiar os teus estudos, pomos á túa disposición préstamos cunhas excelentes condicións.

  • Para iniciarte na túa profesión.
  • Para comprar un local para o teu negocio.
  • Para facer fronte ás necesidades de tesouraría derivadas da túa actividade profesional.
  • Para actualizar o teu equipo informático.
  • Para cubrir os desaxustes entre cobramentos e pagamentos.

Solucións para autónomos >
Solucións para pemes >

Á túa medida

Asesorámoste en todo o que necesites. Coñece as solucións que ofrecemos para outros ámbitos que requiran financiamento a curto ou longo prazo, tales como: 

  • Financiamento para comunidades de propietarios
  • Leasings,
  • Liña de avais ou
  • Concursos públicos.

 

Máis información


Financiamento comunidades de propietarios

Financia a rehabilitación e realización de melloras de estrutura, eficiencia enerxética ou adecuación en edificios.

  • Inclúe seguro de rehabilitación trienal
  • Ata 8 anos
  • Aval mancomunado

Leasing

Queres adquirir maquinaria, equipamento, vehículos industriais e turismos con importantes vantaxes fiscais?

  • Ata 5 anos

Liña de avais

Arquia ofrece a profesionais que na súa actividade necesitan de forma recorrente a concesión de garantía para concursos e adxudicacións a posibilidade de abrir unha liña de avais con total solvencia, axilidade e aforro.

Existen tamén outras modalidades de avais e garantías en función das características da obriga garantida:

  • Aval económico-comercial: Garante o pagamento na compravenda de bens, de impostos ou outros conceptos, así como as devolucións de cantidades recibidas a conta polo cliente en concepto de venda de mercadorías ou subministración de servizos.
  • Aval económico-financeiro: Garante a devolución de créditos, préstamos ou de calquera outro tipo de facilidade crediticia que o cliente teña ou que lle fose concedida en calquera outra entidade financeira.

Concursos públicos

Desde que un profesional decide presentarse a un concurso ata a finalización da encarga, ofrecemos a solución que necesita en cada momento.

  • Convocatoria e participación: Avais provisionais para a participación en concursos.
  • Adxudicación: Avais definitivos de adxudicación de concursos (técnicos). Sen intervención notarial ata 30.000 €.
  • Execución: Posibilidade de dispor de liquidez a través dos seus produtos.

Interésame, quero saber máis.

Indícanos sobre que produto de financiamento necesitas máis información e darémosche resposta o antes posible.

Introduce aquí os teus datos.