arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
As cookies propias e de terceiros permítennos mellorar os nosos servizos. Ao navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información

25/09/2019

  • Clasificación

    Renda Variable Mixta

  • Patrimonio

    7.378.060,2 €

  • Valor liquidativo

    103,97 €

  • Núm. participantes

    357

Ratios

6,26 % (Volatilidade)

  • Ano 2018:-7,84%

Fonte: Arquia Pensiones
Rendibilidades pasadas non presupoñen nin garanten rendibilidades futuras.

arquiplan profim discrecional 50

Potencialmente
menor rendemento
Potencialmente
maior rendemento
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
Menor risco
Maior risco

Nota: Este dato é indicativo do risco do fondo e está calculado con base en datos históricos que, non obstante, poden non constituír unha indicación fiable do futuro perfil de risco do fondo. Ademais, non hai garantías de que a categoría indicada vaia permanecer inalterable e pode variar ao longo do tempo.

O cobramento da prestación ou o exercicio do dereito de rescate só é posible en caso de acaecemento dalgunha das continxencias ou supostos excepcionais de liquidez regulados na normativa de plans e fondos de pensións.

O valor dos dereitos de mobilización, das prestacións e dos supostos excepcionais de liquidez depende do valor de mercado dos activos do fondo de pensións e pode provocar perdas relevantes.

A vocación investidora do fondo é definida como fondo de renda variable mixta, cunha exposición máxima a renda variable do 70%. O obxectivo do fondo é proporcionar ao partícipe, cun horizonte de investimento de medio/longo prazo, unha rendibilidade adecuada ao risco asumido, investindo cos máximos criterios de seguridade e rendibilidade, mediante o investimento diversificado en fondos e activos de renda fixa e renda variable mundial, en función da lexislación vixente.

O fondo caracterizarase por investir un mínimo do 50% do seu patrimonio noutras IIC financeiras, que sexan activo apto, harmonizadas ou non, pertencentes ou non ao grupo da xestora, que invistan tanto en renda fixa pública e privada, como en renda variable, en xestión alternativa, etc. Investirá, directa ou indirectamente, entre o 30% e o 70% da exposición total en renda variable e o resto da exposición total en activos de renda fixa publica/privada (incluíndo depósitos e instrumentos do mercado monetario cotizados ou non, que sexan líquidos), ou xestión alternativa. Non existe predeterminación con respecto aos emisores (público ou privado, rating ou sector económico), nin sobre a duración dos activos de renda fixa e a exposición a risco divisa. Os activos non terán un nivel de cualificación crediticia mínima. Os investimentos en renda variable non terán predeterminación de emisores, sectores, capitalización, divisa nin país. Se algunha emisión non foi cualificada, será tida en conta a cualificación crediticia do emisor. Poderá investir en valores de renda fixa e variable negociados fóra da OCDE. O investimento en emerxentes non superará o 25% da carteira e en xestión alternativa será como máximo dun 20%.

Datos societarios
Data de constitución: 15/04/2013
Entidade promotora: Arquia Pensiones
Entidade xestora: Arquia Pensiones
Entidade depositaria: Arquia Caja de Arquitectos
Auditor: KPMG Auditores, SL.
Comisións:
- Xestión/Patrimonio: 1,25%
- Depósito/Patrimonio: 0,25%
- Achega: 0%
- Traslado: 0 %


Estrutura

Características / Informes

Icono pdf

Informe Mensual

Icono pdf

Informe Trimestral

Icono pdf

Informe Semestral