arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
As cookies propias e de terceiros permítennos mellorar os nosos servizos. Ao navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información

Seguros

Despreocúpate, vive tranquilo e protexido.

Seguros persoais

Os seguros persoais de Arquia garanten a máxima tranquilidade e seguridade para ti e para a túa familia. Pomos á túa disposición as mellores coberturas coas principais compañías aseguradoras.

Traballamos para deseñar seguros que se adapten a cada persoa e ofrezan solucións a situacións accidentais que se poidan producir.

Máis información

Confía en nós.

Ofrecemos un servizo de asesoramento, deseño e contratación de programas de seguros que cubran dunha forma completa todas as necesidades en materia de protección e previsión de calquera persoa ou empresa.

  • Seguros de vida e accidentes: no caso da contratación dun préstamo ou un crédito con garantía persoal.
  • Seguros patrimoniais e de danos (fogar, embarcacións e outros bens): para cubrir o ben adquirido no caso de préstamos hipotecarios ou créditos persoais.
  • Seguros de aforro, rendas, plans de previsión asegurados: para complementar o sistema público de previsión social.
  • Seguro de rehabilitación trienal, que cobre os danos materiais que se poidan producir nas intervencións asociadas a inmobles preexistentes.
  • Seguro de asistencia en viaxe, que garante anualmente as mellores coberturas de asistencia médica e de asistencia ao viaxeiro.

Seguros profesionais

Pensaches algunha vez en que vos ocorrería a ti e aos teus se non puideses traballar? Sabemos o importante que é para ti o desenvolvemento da túa profesión e a preocupación que xeran as eventualidades que o poden pór en risco.

Ofrecémosche os seguros máis completos para profesionais, que che garanten a maior protección ante danos a terceiros e que aseguran os teus ingresos en situacións imprevistas.

Deseñamos os seguros en función da túa actividade profesional, asesorándote sobre as coberturas e límites que mellor se axustan ás túas necesidades.

Máis información

Protexe a túa actividade e o teu negocio.

Deseñamos programas de seguros específicos e contratamos as coberturas e pólizas que son requiridas aos nosos clientes polas novas necesidades que se xeran.

  • Seguros de vida e accidentes: no caso da contratación dun préstamo ou un crédito con garantía persoal.
  • Seguros patrimoniais e de danos (fogar, embarcacións e outros bens): para cubrir o ben adquirido no caso de préstamos hipotecarios ou créditos persoais.
  • Seguros de aforro, rendas, plans de previsión asegurados: para complementar o sistema público de previsión social.
  • Seguro de rehabilitación trienal, que cobre os danos materiais que se poidan producir nas intervencións asociadas a inmobles preexistentes.
  • Seguro de asistencia en viaxe, que garante anualmente as mellores coberturas de asistencia médica e de asistencia ao viaxeiro.

Seguros á medida

En Arquiseguros poderás encontrar seguros feitos á medida, pensados e adaptados a cada circunstancia e necesidade de cobertura, con condicións especiais para colectivos.

Prevén coa máxima protección calquera continxencia que poida xurdir.

  • Colectivos de Vida
  • Colectivos de Accidentes
  • Colectivos de Asistencia en Viaxe
  • Todo risco da Construción
  • Exposicións de Arte

MEDIADOR: Arquiseguros, Correduria de Seguros de la Caja de Arquitectos S.A.
Inscrita no Rexistro Administrativo Especial da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións coa clave J-713 e no Rexistro Mercantil de Madrid na folla nº M-660793, folio 30, tomo 36954. NIF A59697573. 
Concertado seguro de responsabilidade civil e acreditada capacidade financeira de conformidade coa Lei 26/2006 do 17 xullo.

Interésame, quero saber máis.

Indícanos sobre que produto de seguros necesitas máis información e darémosche resposta o antes posible.

Introduce aquí os teus datos.