arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
As cookies propias e de terceiros permítennos mellorar os nosos servizos. Ao navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información

Asesoramento

Asesoramos na estratexia de investimento máis axeitada para o seu patrimonio.

Buscamos o éxito

A nosa experiencia financeira permítenos realizar unha análise profunda das súas necesidades para xestionar a súa economía do xeito máis seguro e fiable posible. Os nosos profesionais buscarán en todo momento as mellores solucións para facer rendibles os seus investimentos.

Como traballamos

Asesoramos o cliente na estratexia de investimento máis axeitada para o seu patrimonio.

Cuestionario sobre perfil investidor: Un asesor consegue información sobre os seus obxectivos, o seu perfil de risco e a situación do patrimonio que se vai investir.
Deseño de carteira:
O noso equipo de análise deseña unha carteira que o asesor comunica ao seu cliente para que este poida facela efectiva a través da plataforma de investimento elixida.
Asesoramento continuado:
Terá á súa disposición en todo momento un asesor para calquera aclaración ou variación na estratexia de investimento debida a cambios nos mercados ou na situación do patrimonio.
Seguimento e actualización:
Recibirá periodicamente un informe mensual de mercados e o informe de seguimento da súa carteira.

O noso valor engadido

Comprometémonos a obter unha rendibilidade razoable para o seu patrimonio, axustada ao seu perfil de risco e mantendo o enfoque principal en fondos de investimento.

Garantimos manter o noso cliente afastado de produtos de investimento e financeiros que non son apropiados ao seu perfil, pondo á súa disposición información clara e de seguimento continuado sobre a situación da súa carteira en termos de rendibilidade e risco. Con Profim terá a seguridade de sentirse acompañado por un equipo de expertos profesionais que velarán polo seu patrimonio.

Tarifas

Existen dúas modalidades de servizo de asesoramento en función do tipo de plataforma en que operen os nosos clientes.

Servizo integral de asesoramento.

Primeiro ano
Deseño/revisión da súa carteira
0,5 % do investimento realizado
(mín. 500 € + IVE. máx 1.500 € + IVE)

Segundo ano e seguintes
0,5 % anual do valor do investimento
(mín. 500 € + IVE. máx. 2.200 € + IVE)

Servizo de asesoramento único:

O cliente recibe o consello de Arquia Profim e executa as recomendacións a través doutras entidades financeiras.

Primeiro ano
Deseño/revisión da súa carteira:
1 % do investimento realizado
(mín. 1000 € + IVE.)

Segundo ano e seguintes
1 % anual do valor do investimento
(mín. 1200 € + IVE)

Interésame, quero máis información.

Queres que nos poñamos en contacto contigo? Déixanos os teus datos e darémosche resposta o antes posible.

Introduce aquí os teus datos.