arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
As cookies propias e de terceiros permítennos mellorar os nosos servizos. Ao navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información

Investir en fondos

Obtención dunha rendibilidade razoable para o seu patrimonio, axustada ao seu perfil de risco.

Instrumentos rendibles

Os fondos de investimento son produtos financeiros que ofrecen numerosas vantaxes se se inviste neles. Entre outras cousas, son transparentes (regulados pola CNMV), con facilidades de entrada e saída, beneficios fiscais e ademais permítennos diversificar a nosa propia carteira.

 

Por que investir en fondos?


Diversificación

Os fondos de investimento permiten diversificar riscos en calquera escenario de mercado. Sempre hai un activo, país, sector ou divisa no que se poden obter beneficios. Permiten acceder a todo tipo de activos (renda fixa, renda variable, divisas, derivados, etc.) e zonas xeográficas (Estados Unidos, Europa, Asia, América latina, África) de forma sinxela e a un menor custo que o que implicaría realizar eses mesmos investimentos de forma directa.

Os investimentos realizados en cada mercado son analizados polos mellores xestores especialistas.



Fiscalidade

É o produto financeiro con mellor tratamento fiscal. Podemos cambiar de fondo sen tributar, o que dota de gran flexibilidade as decisións de investimento. Podemos diferir o pagamento de impostos ata realizar o reembolso, é dicir, podemos realizar unha eficiente política financeiro-fiscal.



Seguridade

É o produto máis seguro para o aforrador xa que os titulares do patrimonio son os propios partícipes polo que ante unha posible quebra da entidade xestora, todos os activos están protexidos ao estar fóra dos balances da entidade financeira. Algo que non ocorre noutros produtos financeiros como poden ser os depósitos ou os bonos.

A través dunha carteira de fondos diversificada reducimos o risco do noso patrimonio, xa que os fondos nos permiten diversificar os nosos investimentos en función do perfil de cada investidor, a súa situación persoal e as perspectivas dos distintos mercados e activos.



Liquidez

En calquera momento poderá obter liquidez e dispor do seu patrimonio, mediante reembolso ou venda das súas participacións sen esperar ao vencemento. Unha vantaxe importante se comparámola con outros tipos de instrumentos financeiros, como depósitos, estruturas, fondos garantidos ou fondos obxectivos de rendibilidade nos que é necesario esperar a caducar ou asumir outra pena.

 

Interésame, quero máis información.

Queres que nos poñamos en contacto contigo? Déixanos os teus datos e darémosche resposta o antes posible.

Introduce aquí os teus datos.