arrow-circle-down arrow-circle-left arrow-circle-up arrow-down arrow-left arrow-line-right arrow-right arrow-up ballon close facebook filter glass lock menu phone play point q question search target twitter
As cookies propias e de terceiros permítennos mellorar os nosos servizos. Ao navegar polo noso sitio web, aceptas o uso que facemos das cookies. Máis información
  • Autónomos

    Que a xestión das túas finanzas non sexa unha aventura. Asesorámoste.

  • Autónomos

    Es autónomo? Xestiona as finanzas do teu despacho da forma máis cómoda.

  • Autónomos

    Sabemos que na túa profesión a miúdo te encontras con imprevistos.

Arquitecto

Facemos que o teu día a día sexa máis fácil

Ofrecémosche os mellores produtos para que a xestión e operatoria diaria das túas finanzas sexa o máis sinxela, áxil e eficaz.

E todo adaptado ás necesidades específicas dos profesionais autónomos, con produtos exclusivos para poder desenvolver comodamente a túa actividade.

Quero saber máis

Ao teu ritmo.

Como profesional poderaste beneficiar de diversos produtos e servizos deseñados para axilizar todas as túas xestións diarias:

Conta corrente.

Tarxeta Bussiness. Afronta os teus pagamentos da forma máis fácil.

Banca dixital. Poderás consultar as túas contas e operar en calquera momento e desde calquera lugar.

Xestiona os teus cobramentos e pagamentos. Realiza o cobramento aos teus clientes de forma sinxela cos nosos TPV, xera remesas de recibos e nóminas. Tamén poderás efectuar ordes de pagamento.

Coñece toda a nosa operativa >

Axudámoste a financiar o teu proxecto

Es emprendedor e buscas financiamento para o teu proxecto? Soñas con ser propietario do teu propio estudio? Tes un proxecto viable e necesitas un impulso para velo crecer?

En Arquia Banca ofrecémosche solucións á medida das túas necesidades para alcanzar as túas metas profesionais.

Quero saber máis

Camiñamos contigo.

Os teus obxectivos requiren un impulso económico? En Arquia Banca encontrarás as mellores opcións de financiamento:

Conta de crédito autónomos. Pomos á túa disposición unha liña de crédito pensada para facer fronte ás necesidades de tesouraría derivadas da túa actividade profesional.

Liña de avais. Arquia ofrece a profesionais e empresas, que na súa actividade necesitan de forma recorrente a concesión de garantía para concursos e adxudicacións, a posibilidade de abrir unha liña de avais de gran solvencia e rápida tramitación.

Préstamos. Estás pensando en cambiar os ordenadores? Queres rehabilitar o teu despacho? Necesitas axuda para financiar os teus impostos? Ofrecémosche financiamento pensado para cada unha destas situacións.

Desconto e anticipo de efectos. Consigue financiamento coa anticipación do cobramento das túas vendas.

Anticipo de honorarios. Anticipamos o cobramento dos honorarios de certificacións derivadas de contratos coa administración ou de honorarios privados, sen necesidade de esperar a que chegue o vencemento.

Hipoteca estudios e despachos. Facilitámosche un préstamo hipotecario deseñado especialmente para a compra do teu estudio ou despacho.

Coñece toda a nosa oferta de financiamento >

Seguros para autónomos

Porque o éxito do teu negocio depende de ti, necesitas ter ben cubertos os teus riscos.

Temos á túa disposición unha ampla gama de seguros e coberturas que garantirán a seguridade da túa actividade e dos teus bens.

Quero saber máis

Os seguros máis completos ao teu alcance.

Asesorámoste para definir o seguro que mellor se adapte a ti:

Seguro de incapacidade laboral, para manter os teus ingresos no caso de que unha enfermidade ou invalidez che impida exercer a túa profesión.

Seguro de responsabilidade civil, para estar cuberto ante posibles reclamacións de terceiros.

Seguro de vida, garante que os teus poidan seguir gozando do mesmo nivel de vida en caso de morte ou invalidez.

Seguro para estudios e despachos, un multirrisco específico para cubrir os danos do teu espazo de traballo e o seu equipamento.

Seguro auto, para ter cuberto o teu vehículo ante calquera imprevisto que xurda na estrada.

Seguros mediados por Arquia Banca Mediación Operadora de Banca de Seguros Vinculado, S.A. (C.I.F. A-59697573) e domicilio social en Madrid, C / Barquillo, N ° 6, (C.P. 28004). Rexistrado no rexistro administrativo especial de intermediarios de seguros da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co código OV0080. Responsabilidade civil acreditada e acreditación da capacidade financeira do seguro de acordo coa lexislación vixente. Empresa inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid no tomo 36954, páxina 71, sección 8, páxina M-660793. Contratos de axencia de seguros suscritos con: CA Life Insurance Expert, Insurance and Reinsurance Company, S.A.U., Santa Lucía e Pensións, S.A., Euromaf, S.A. e Plus Ultra Seguros Generales e Vida, S.A.

Coñece todos os nosos seguros >

Inviste no teu futuro

Traballar por conta propia ten moitas vantaxes, pero pode ser complicado nalgúns momentos, como ao alcanzar a idade da xubilación. 

Anticípate e xestiona os teus aforros cos produtos de investimento máis adecuados, recibindo o mellor asesoramento de forma personalizada.

Quero saber máis

Pensando no mañá.

Axudámoste a planificares o teu futuro e a decidires que produtos de investimento che poden resultar máis vantaxosos para complementar a túa pensión. 

Fondos perfilados*: Adaptado a diferentes perfís de investimento e xestionado priorizando a diversificación e preservación do capital.

*Investir en fondos de investimento pode provocar perda de capital. Pode consultar os folletos informativos e os documentos cos datos fundamentais do investidor (DFI) nos rexistros públicos oficiais da CNMV, así como no noso sitio web e oficinas de Arquia Banca.

Coñece toda a nosa oferta de aforro-investimento >

Asesoramento personalizado para a túa xubilación: Porque sabemos o que che preocupa o teu futuro axudámosche a encontrar a mellor solución para a túa xubilación, dispomos de plans de pensións* e outros produtos de aforro especializados.

*Na seguinte ligazón pode acceder aos ficheiros dos Plans de Pensións e consultar os documentos cos datos fundamentais para o participante de cada un deles.

Coñece toda a nosa oferta de plans de pensións>

Interésame, quero saber máis.

Indícanos sobre que produto de autónomos necesitas máis información e darémosche resposta o antes posible.

Introduce aquí os teus datos.